20:30
RFG · ILUMINACIÓNS

RFG · ILUMINACIÓNS

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 

Agata Zając, directora

Silvia Rozas Ramallal, frauta

PROGRAMA

Cometa: Encarga a Helena Cánovas Parès. Estrea absoluta

Wolfgang Amadeus Mozart: Concerto para frauta núm. 1 en Sol maior, KV. 313 (285c)

Francis Poulenc: Sinfonietta

A proposta de Helena Cánovas abre un concerto iluminado por un Mozart de tan só 22 anos, que en 1778 vive un ano tráxico, cando a súa nai morre en París mentres o acompañaba nunha xira. A beleza e perfección do Concerto para frauta núm. 1 elévanse por riba da adversidade, contradicindo a idea tan manida de que o músico sentía aversión por este instrumento de vento. Autodidacta e cunha desbordante cultura, Francis Poulenc deixou unha inmensa obra, cada vez máis valorada. Guiado polo seu amor a Bach e apegado á melodía como referente a reivindicar, compuxo en 1947 a Sinfonietta, unha obra ecléctica, de magnífica orquestración, que recolle distintos estilos nunha refinada atmosfera neoclásica.

Ás 19.45 h, Conversando con... Agata Zając e Silvia Rozas Ramallal na Sala Mozart.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-iluminaci%C3%B3ns
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android