12:00
BMSC · IMPETUOSAMENTE INSPIRADORAS

BMSC · IMPETUOSAMENTE INSPIRADORAS

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta

Concerto: Impetuosamente inspiradoras

BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS

David Fiuza (director)

Rosa Cedrón (voz solista)

Noa López Caldeiro (artista plástica)

PROGRAMA

Carmen Rodríguez: A cova sumerxida *(estrea absoluta)

Modest Mussorgskii: Cadros dunha exposición

Xoan Montes: Seis baladas galegas

SINOPSE

Impetuosamente inspiradoras son tanto as 3 obras como as 3 artistas galegas (de orixe lucense) que protagonizan este programa; a música énchese de cor autóctona nunha máxica pintura musical que profetiza a perfecta simbiose entre a tradición e a vangarda no contexto da cultura galega.

A estrea absoluta da obra da talentosa compositora ribadense Carme Rodríguez dá vida á lenda da Maruxaina, a través dunha sonoridade renovada e acorde á vangarda dos tempos actuais.

Os inmortais ‘Cadros dunha exposición’ de Mussorgskii, baseados na obra plástica multidisciplinar de Viktor Hartmann, son a inspiración para que a artista sarriá Noa López presente unha versión dunha colección de 10 obras pictóricas (nas que utiliza diferentes técnicas), para que a música acompañe unha visión artística no contexto da cultura galega.

Os poemas do Rexurdimento da nosa lingua foron o impulso para que o compositor lucense Xoan Montes nos agasallara coas delicadas e fermosas Baladas Galegas, nas que se conta dá testemuña poética da nosa tradición e da nosa historia, a través dunha das voces icónicas e mais reveladoras de todos os tempos: a monfortina Rosa Cedrón.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/bmsc-%C2%B7-impetuosamente-inspiradoras
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android