Kombucha troula é un espazo colectivo de creación para un lecer anticapitalista e accesibel sen alcol nen drogas, crítico coa presión social que o modelo normativo de consumo impón sobre os nosos mente-corpos. Dadas as consecuencias destructivas que tivo e ten nas nosas comunidades, procuraremos crear alternativas de diversión políticas e diurnas, adaptadas a tódolos corpos e necesidades e que exista como opción segura para as persoas que teñen necesidades de sociabilizar sen alcol e drogas ou sen cartos. Ademais de xerar unha comunidade para troulear xuntxs, a proposta pretende crear un grupo de reflexión e modelos normativos de lecer. A nosa primeira actividade será un piquenique no Rio Miño (aproveitando o mercadiño do Banco do Tempo o día 22 de xuño ás 14hs). Se tes necesidades especificas podes escribir a: kombuchatroula@riseup.net e arranxamos pra que todxs poidamos participar. Lembrade que imos partillar a comida que será vegana e sen gluten por posibles alerxias alimentarias. Así que traede algo!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar