11:00 hasta las 22:00
Mercadiños do Miño | 25 de Xullo

Mercadiños do Miño | 25 de Xullo

Que son os Mercadiños do Miño?

Os Mercadiños do Miño, son mercados de rúa á beira do Miño para gozar dos produtos do comercio local. Están dirixidas a establecementos, asociacións, colectivos e persoas individuais adheridas ao movemento LocaLmente Lucense e enmárcanse no Plan de Dinamización de barrios do pequeno comercio e hostalería, posto en marcha polo goberno de Lara Méndez

Nos mercadiños poderás gozar de postos dos comercios locais, espazo público para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, música ambiente, photocall, obradoiros infantís, espazo axeitado para gozar do teu pícnic e concursos con premios por valor de 1.000 euros diarios en vales de compras locais!

Trae o teu pícnic!

Mercadiños do Miño. Domingos de xullo de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h no Paseo Fluvial do río Miño. 

PROGRAMA

11.00 h – 21.00 h. Música ambiental: para complementar o impacto visual co resto de sentidos nun ambiente envolvente.

11.00 h – 21.00 h. Photocall: durante todo o día poderás gozar dun espazo para tomar fotos de recordo.

11.00 h. Apertura dos mercadiños: breve acto oficial

11.00 h. Presentación do concurso Á procura de LOL: LOL é un obxecto que está agochado, percorre o mercadiño na súa procura para gañar vales de compra no comercio adherido ao movemento LocalmenteLucense.

11.30 h – 13.30 h Cantos contos contas? Espectáculo infantil de narración oral con Capitana Cuento, contadora de contos infantís para crianzas ávidas de historias fantásticas que abran o maxín máis aló do conto.

De 13.30 h. a 15.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.

15.00 h. Concurso PICNIC DE POSTAL: espazo para que veñas co teu picnic (manta, xantar…). A parcela mellor decorada terá premio (vales de compra para gastar no comercio LocaLmenteLucense)!

17.00 h. Apertura de postos

18.00 h. – 19.00 h. Obradoiro infantil para fomentar a lectura entre as crianzas! O fomento da lectura miúda é unha misión para especialistas! A Capitana Cuento usará os seus poderes outorgados nas historias de fantasía ou de realismo narradas con soporte gráfico de libros para acadar estes obxectivos.

De 20.00 h. a 21.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.

21.00 h. Entrega de premios dos concursos do día

21.00 h. Fin da xornada

11.00 h – 21.00 h. Música ambiental: para complementar o impacto visual co resto de sentidos nun ambiente envolvente.

11.00 h – 21.00 h. Photocall: durante todo o día poderás gozar dun espazo para tomar fotos de recordo.

11.00 h. Apertura dos mercadiños: breve acto oficial

11.00 h. Presentación do concurso Á procura de LOL: LOL é un obxecto que está agochado, percorre o mercadiño na súa procura para gañar vales de compra no comercio adherido ao movemento LocalmenteLucense.

11.30 h – 13.30 h A maxia está presente Espectáculo familiar e divertido onde o público participa sen parar. Imposibles xogos visuais mesturados con humor e misterio. Unha viaxe a un mundo onde todo se presenta susceptible de ser transformado, onde nada é imposible, atréveste?

De 13.30 h. a 15.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.

15.00 h. Concurso PICNIC DE POSTAL: espazo para que veñas co teu pícnic (manta, xantar…). A parcela mellor decorada terá premio (vales de compra para gastar no comercio LocaLmenteLucense)!

17.00 h. Apertura de postos

18.00 h. – 19.00 h. Mira o coyote Espectáculo de maxia adaptado a público infantil, con xogos moi participativos e interactivos, moi divertido e sorprendente onde a improvisación e os sorrisos predominan durante toda a función.

De 20.00 h. a 21.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.

21.00 h. Entrega de premios dos concursos do día

21.00 h. Fin da xornada

+INFO: https://localmentelucense.gal/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android