Que son os Mercadiños do Miño? Os Mercadiños do Miño, son mercados de rúa á beira do Miño para gozar dos produtos do comercio local. Están dirixidas a establecementos, asociacións, colectivos e persoas individuais adheridas ao movemento LocaLmente Lucense e enmárcanse no Plan de Dinamización de barrios do pequeno comercio e hostalería. Nos mercadiños poderás gozar de postos dos comercios locais, espazo público para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, música ambiente, photocall, obradoiros infantís, espazo axeitado para gozar do teu pícnic e concursos con premios por valor de 1.000 euros diarios en vales de compras locais! Trae o teu pícnic! Mercadiños do Miño. Domingos de agosto de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h no Paseo Fluvial do río Miño. +INFO: http://localmentelucense.gal/mercados/ PROGRAMA 11.00 h – 21.00 h. Música ambiental: para complementar o impacto visual co resto de sentidos nun ambiente envolvente. 11.00 h – 21.00 h. Photocall: durante todo o día poderás gozar dun espazo para tomar fotos de recordo. 11.00 h. Apertura dos mercadiños: breve acto oficial 11.00 h. – 15.00 h. Xogos xigantes interxeracionais (goza do lecer, coa familia ao completo, na contorna do Miño) e Xogo Spiriball (o máis exitoso xogo de pelota cautiva). 11.00 h. Presentación do concurso Á procura de LOL: LOL é un obxecto que está agochado, percorre o mercadiño na súa procura para gañar vales de compra no comercio adherido ao movemento LocalmenteLucense. 11.30 h – 13.30 h Obradoiro creativo infantil: con elementos naturais crearemos un xogo divertido e familiar. 14.00 h. Concurso PICNIC DE POSTAL: espazo para que veñas co teu pícnic (manta, xantar…). A parcela mellor decorada terá premio (vales de compra para gastar no comercio LocaLmenteLucense)! 17.00 h. Apertura de postos 17.00 h. – 20.30 h. Xogos xigantes interxeracionais (goza do lecer, coa familia ao completo, na contorna do Miño) e Xogo Spiriball (o máis exitoso xogo de pelota cautiva). 17.00 h. – 18.00 h. Clase de Pilates: Biensa ofrécenos unha clase de pilates dirixida por Irma Loureiro 18.00 h. – 20.00 h. Obradoiro infantil “Xoga coa túa contorna”: crianzas e familias desenvolveremos xogos creativos con elemenos da contorna 20.30 h. Entrega de premios dos concursos do día 21.00 h. Fin da xornada
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar