Teatro Principal de Santiago de Compostela
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
FAIA presenta o seu segundo disco en solitario, Alvela, un traballo complexo e sutil, con dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer. FAIA revisita arrolos, romances e outras cantigas tradicionais acompañada unicamente por instrumentos de corda e grabacións de campo manipuladas, unha constrición creativa que lle confire a Alvela unha coherencia sónica e unha organicidade singular.
Neste concerto de estrea FAIA estará acompañada da arpista bretoa Bleuenn Le Friec e o cuarteto vigués de cordas Suelen Estar Cuartet, integrado por Elena Vázquez (violín), María José Pámpano, (violín/ viola), Macarena Montesinos (violonchelo) e Saúl Puga (contrabaixo). A proposta musical completarase coa escenografía e o vestiario de Melania Freire e o deseño de luz a cargo de Nonon Lab.
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/faia-%C2%B7-alvela
Rúa Nova, 21 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar