21:45
Déixaas

Déixaas

Deixaas é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína. Deixaas amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional. Sen abandonar a súa base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza (como os espazos industriais da área de Ferrol) e composicións que traballan coa palabra poética dramatizada. Diferentes ambientacións e texturas que gañan peso nunha obra que conta tamén con Mónica de Nut e Ana Fernández. Deixaas sitúa a Mercedes Peón nunha exquisita madurez creativa e compositiva, e o seu directo ofrece unha experiencia artística única con tres formatos diferentes: Trío, Formato con colaboracións e Formato con colaboracións e artistas convidados/as
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android