🌊🌊FESTA DO CARMEN🌊🌊 O Carmen volve a Muxía este verán! Do mércores 23 de xullo ao domingo 27 de xullo celebraremos a festa da patroa dos mariñeiros/as cunha grande programación🤩 Charlas, proxeccións, xogos, concertos e procesión marítima! ⚓️ A programación comezará o mércores 23 de xullo co coloquio “Memorias mariñeiras: a Muxía de onte” 🪢 Nela participarán homes e mulleres que adicaron a súa vida ao mar e que falarán de como foi este traballo tan importante para a vila 🙌🏼 Será ás 20:00 horas na Lonxa. ⚓️O xoves 24 inaugurarase a exposición “Homes e mulleres de sal e ferro” con fotografías de @xesus_bua 📸 Ás 20:00 horas na Sala Gervasio Sar. ⚓️O sábado 26 será o día forte da programación, que se alongará dende o medio día ata a noite 😇 A xornada comezará ás 12:00 horas no Malecón coa tradicional misa pola Virxe do Carmen, e despois viviremos un dos momentos máis esperados da festa: a procesión marítima! 🌊 A celebración seguirá ás 13:30 horas coa sesión vermú + concerto de @monouliousdop no Malecón🎶 E partir das 18:00 horas teremos Xogo da Cucaña!🥳 Estará instalada na Rambleta e estará aberta a toda persoa que queira participar e pasalo ben! 🤿👐🏼 Á noite faremos unha proxección titulada “A Muxía de onte”, con fotos antigas da vila 🎥 Unha ollada ao pasado na que veremos como mudou Muxía nas últimas décadas 💫 Ás 22.30 horas no Malecón. Para rematar o día haberá música e baile con @boomersnoia 🎸 e @deejay_mil 🕺🏼 Será a partir das 22:30 horas no Malecón. ⚓️ O domingo 27 despediremos a festa cunha sesión vermú con @thelimboos na Praza Cabo da Vila a partir das 13.30 horas. Así será o Carmen en Muxía! 🎣🥰
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar