N/D
Presentación de “Nación Mar” e “Nao cetácea” en Muxía
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Concello de Muxía pecha a programación do Xaneiro Vivo cun encontro moi especial onde a literatura e o mar van da man: a presentación dos álbums ilustrados “Nación Mar” e “Nao cetácea”, de Xosé Iglesias. Dúas obras que recuperan a historia naval e lle renden homenaxe ao mar, ao patrimonio marítimo, á biodiversidade e á xente do mar, con especial atención a barcos emblemáticos de Muxía.
A cita será o sábado 31 ás 19:00 h na Lonxa de Muxía, nun formato próximo e pensado para gozar da cultura con calma, escoitando voces que coñecen ben a memoria mariñeira que nos define.
A orde de intervención será: Daniel Castro, Sandra Vilela, Xosé Iglesias e Javier Sar, coa moderación de Xusto López Carril. Un peche de mes para celebrar libro ilustrado, identidade e mar.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/presentacion-de-nacion-mar-e-nao-cetacea-en-muxia



