N/D
Ximnasia rítmica e estética en Muxía
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o talento da mocidade coa actividade de ximnasia rítmica e estética, unha disciplina que este curso se puxo en marcha por primeira vez no municipio da man do Club Pangea Costa da Morte.
A experiencia foi moi positiva, chea de ilusión, aprendizaxe e participación, e culmina agora cunha exhibición de fin de curso e unha xornada de portas abertas pensada para novas incorporacións. Será unha oportunidade perfecta para coñecer de preto esta fermosa actividade e descubrir todo o que pode achegar ás nenas e nenos de Muxía.
A cita será o mércores 10 de xuño, de 18:00 a 19:30 horas, no Pavillón Municipal de Muxía. Unha proposta que fomenta hábitos saudables, o traballo en equipo e novas oportunidades deportivas para a infancia e a mocidade do concello.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/ximnasia-ritmica-e-estetica-en-muxia



