20:30
Reino da extinción

Reino da extinción

Reino dá extinción é unha comedia hilarante de teatro que chega a Vigo dentro da programación Vigocultura de outono, e que narra a perspectiva de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que
imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua.

Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou? Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que un personaxe da Prehistoria sexa tan galega coma unha do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en todos os momentos da súa historia? Cando comezou e cando acabará Galicia? Todo isto e máis o descubriremos coa axuda de catro personaxes,
bandeira de cada unha das súas épocas, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste Alén tan axitado que, por ás veces, parécese moito ao inferno!.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android