19:00
Contos que rachan cadeas

Contos que rachan cadeas

DESCRICIÓN O vindeiro 8 de marzo, ás 19:00 h, teremos na Biblioteca Rego da Balsa "Contos que rachan cadeas", unha actividade destinada á mocidade (+12 anos).

Con esta proposta, a través de lecturas e material audiovisual, traballarase o amor propio cunha metodoloxía activa e participativa, situando á rapazada como eixo central, con dinámicas de intercambio de ideas e que fomenten o debate.

Ademais de traballar o amor propio, tamén se falará do amor romántico, favorecendo unha actitude de tolerancia cero en canto á violencia de xénero.

Para esta actividade é preciso inscribirse previamente, pois as prazas son limitadas. Anótate chamando ao 981 758 580.

Anímate a participar! Agardámoste!

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android