17:00
APEGO. Trispilistriñas: contos para bebés, con Pavís Pavós

APEGO. Trispilistriñas: contos para bebés, con Pavís Pavós

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez, Pavís Pavós, teñen unha maleta repleta de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral para bebés e as súas familias. Sesión dobre, ás 17:00 e ás 18:30

PÚBLICO Actividade dirixida a nenas e nenos de 6 meses a 3 anos.

INSCRICIÓNS Capacidade limitada, con inscrición TELEFÓNICA previa, desde as 10 da mañá, no 981 758 580.

ACCESO Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Actividade ofrecida en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo no marco de Programa Apego.

QUE É O PROGRAMA APEGO? APEGO é un programa colectivo creado para axudar a socializar en galego aos nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos de Galicia e mais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Para máis información sobre este programa, chama ao 981 704 100 ext. 2750 Agardámosvos!

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android