Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa de Carballo
Rúa Buenos Aires, s/n - Carballo Ver web
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.
PÚBLICO Actividade dirixida a nenas e nenos de 6 meses a 3 anos.
INSCRICIÓNS Capacidade limitada, con inscrición TELEFÓNICA previa, desde as 10 da mañá, no 981 75 85 80. Dúas sesións: 17:00h e 18:30 h.
ACCESO Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Actividade ofrecida en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo no marco de Programa Apego.
QUE É O PROGRAMA APEGO? APEGO é un programa colectivo creado para axudar a socializar en galego aos nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos de Galicia e mais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Para máis información sobre este programa, chama ao 981 704 100 ext. 2750 Agardámosvos!
Rúa Buenos Aires, s/n - Carballo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar