16:50 hasta las 17:15
Os ratos de Lonxedetodo presentan: O entroido dos ratos

Os ratos de Lonxedetodo presentan: O entroido dos ratos

DESCRICIÓN Os ratos de Lonxedetodo, como viaxan tanto, coñecen como se celebra o Entroido en distintas partes de Galicia. E están todo o ano desexando que chegue para disfrazarse, andar de troula e gastarse bromas os uns aos outros. Acompañarannos nesta ocasión o rato Fuco co seu acordeón e o rato Pillo co seu ukelele. A festa está asegurada!

PÚBLICO Actividade indicada para nenas e nenos de 4 a 8 anos, con máximo dun adulto acompañante por grupo.

INSCRICIÓNS Dúas sesións: 17:00h e 18:30 h. con capacidade limitada, con inscrición previa e unicamente TELEFÓNICA no 981 75 85 80. O horario de chamadas é de luns a venres de 10:00 a 20:00 e os sábados de 10:30 a 13:00.

ACCESO Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Agardámosvos!

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android