12:00 hasta las 20:00
Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago

Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago

O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado dende hai séculos coma a pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poeticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e nos seus albergues. Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua. A todo iso hai que engadir os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.

A medida que avanzan as xornadas, prodúcese no Camiño unha comunicación a varios niveis. En primeiro lugar, do peregrino consigo mesmo, pois a linguaxe interior é esencial na experiencia da peregrinación. Coa introspección chégase a unha autoconstrución reflexiva e personalizada, na que cadaquén recrea as súas vivencias a través da memoria e os afectos.

En segundo lugar, establécese unha comunicación co propio Camiño e, por último, cos seus compañeiros de ruta, cos hospitaleiros e os paisanos. O espazo mental ou espiritual do Camiño de Santiago, evocado e recreado, configúrase dende a afectividade de quen o vive; vilas, cidades, sitios históricos e paisaxes naturais asumen valores afectivos nesta construción espontánea. Un marco sensible no que se desenvolve unha fecunda comunicación entre o peregrino e o seu contorno natural e humano.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android