11:00
Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres

Ruta urbana e obradoiro de plantas silvestres

Esta actividade divídese en dúas partes: primeiro faise unha ruta en grupo -nas inmediacións da Catedral- no que iremos á procura de plantas silvestres que son comestibles ou mesmo medicinais, empregadas polos nosos antepasados dende tempos pretéritos. Nunha segunda parte, xa no Museo, os participantes asistirán a un obradoiro demostrativo de elaboración dun ungüento medicinal para tratar as bochas, especialmente para camiñantes e peregrinos. E de remate, aquelas persoas que queiran, poderán probar un pan elaborado con landras do país.

César Lema (biólogo)
11:00 h a 14:00 h / Rúas da zona vella de Santiago e Museo
Todos os públicos
25 persoas
Necesaria reserva en reservas.mdperegrinacions@xunta.gal ou no 881 867 401
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android