10:00 hasta las 20:00
CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA

CENTRO DE INTERESE ALFONSO SUCASAS NA BIBLIOTECA

O Museo das Peregrinacións e de Santiago realizará unha presentación nas redes sociais do centro de interese “Alfonso Sucasas”. Na biblioteca do museo fixemos unha pequena mostra dos libros que temos sobre este pintor, que expón actualmente no museo (Sucasas. Camiño e mitoloxía)

Sucasas é un pintor galego (Goiás, Lalín 1940 – Ferreirós, Vila de Cruces 2012) cuxa vida transcorreu entre Galicia, Madrid, Venezuela e Brasil, lugares onde se foi fraguando a súa concepción da pintura.

A comezos da década dos 90, o artista céntrase no Camiño de Santiago e na mitoloxía relixiosa. Detrás desta serie de pinturas hai un profundo estudo das imaxes que ilustran libros e códices e outras fontes históricas; á vez que dota da súa persoal iconografía a crónicas e lendas xacobeas.

[Listado de libros da mostra] https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=15278

Se queres consultar estes libros, o horario da biblioteca é de luns a venres, de 9.00 a 14.30 h., na rúa San Miguel. A mostra estará na nosa sala ata o 31 de maio
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android