17:30
Unha noite no muíño

Unha noite no muíño

Espectáculo para público familiar

Dirección e interpretación: Caxoto (A trastenda dos contos)

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleita, a malla, ir ao muíño moer... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Neste espectáculo Caxoto fará un percorrido por esas tradicións, contaranos como se divertían as nosas avoas e avós e converterá o museo nun local de baile improvisado onde escoitaremos muiñeiras, agarrados ou pasodobres ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprenderemos a bailar unha sinxela muiñeira.

Venres 9 de xuño ás 17:30

Familias con nenos e nenas (recomendado de 4 a 10 anos)

Actividade gratuíta

Reserva previa na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android