19:45
Os Espazos en Branco

Os Espazos en Branco

Gratis
Os espazos en branco, é unha película documental de Bruno Arias (Vigo, 1998) dedicada a súa tía Xela Arias. 

As intencións de Bruno Arias nesta longametraxe son traspasar a figura pública da poeta para atopar nela unha persoa: a súa tía. O testemuño de familiares, amigos e xente que traballou con Xela combínase coas interpretacións de Melania Cruz, Sheyla Fariña e Lidia Veiga para dialogar coa ausencia e levarnos nun traxecto polos camiños da memoria.

A proxección terá lugar este 17 de novembro ás 19:45 no Salón Teatro, no marco da 37 edición do Festival Cineuropa. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android