20:00
Achadiço

Achadiço

Un panel branco en fondo vira unha inmensa páxina en branco e é o elemento chave do que Nuno Cardoso fai uso para construír Achadiço, título-nome que recupera un rexionalismo das Beiras, nomeadamente de Canas de Senhorim, de onde é orixinario. Quen non encaixa é un achadiço, e se ese substantivo se lle colou á pel e lle asenta como unha luva, tamén pode axudar a caracterizar o espectáculo, un espazo-tempo a improvisar que non encaixa na moldura dunha peza ou dunha clase. Nuno Cardoso constrúe para si e para o público (desafiado a repartir, á flor da pel, o improvisar) un punto de interrupción, onde o sentido desa labor se devolve aplicado á vida. Nese territorio de creación, a respiración da memoria fai do tempo teatral un labirinto de referencias e do corpo do creador/actor un buraco negro que todo sorve e sintetiza.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android