22:15
Palm trees and power lines/ Palmeiras e cables da luz

Palm trees and power lines/ Palmeiras e cables da luz

Lea, de dezasete anos, pasa as súas vacacións de verán sen máis plan ca o de se broncear coa súa mellor amiga no xardín traseiro da súa casa, mentres intenta non involucrarse nos problemas da súa angustiada nai e consumir drogas cun grupo de mozos da súa escola. Esta monotonía vese interrompida por un encontro casual con Tom, un home maior que promete unha alternativa á insatisfactoria vida adolescente de Lea. A moza cae rendida ante o encanto carismático de Tom, que exerce sobre ela un control crecente que a vai illando do seu círculo habitual. Lea non tarda en descubrir que as intencións dese home non son o que parecen.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android