18:00
Tilintilonia

Tilintilonia

Presentamos un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son. Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o aire e a auga se converten en elementos de xogo.

Visualmente entramos nun mundo de ensoñación grazas as teas , e ao que estas suxiren, son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e nos acubillan coma a terra.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android