12:00
O Rapto da Befana

O Rapto da Befana

A compañía Olivas Negras presenta unha comedia familiar de misterio con música en directo, acrobacia e loita escénica. Colombina está farta de traballar de sol a sol e pasar fame, así que lle pide axuda a Arlequín para raptar a bruxa Befana e ter asegurada deste xeito unha boa dose de larpeiradas. Ademais, pedirán cartos polo rescate, o que convence ao avaro Pantalone, que se suma á empresa, pero Pulcinella escoita o plan e xunto co Capitano comezan á súa vez unha busca da Befana para aproveitarse da situación. Comeza a estenderse o rumor de que unha góndola pirata intenta raptar señoras de diferentes condicións. A Befana divírtese burlando a Pantalone, Pulcinella e mesmo ao pillabán Arlequín, ata que Colombina debe botar man da súa astucia, pois só ela pode chegar a enredar á bruxa Befana.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android