21:00
Outrora Nós

Outrora Nós

Catro novos, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seriamos nós outrora nós?

O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados fórmanos, confórmanos ou nos deforma.

Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android