22:00
Los Remedios

Los Remedios

Los Remedios é un barrio de Sevilla construído nos anos 50. Los Remedios é unha peza na que dous amigos da infancia xúntanse para tratar de entenderse a base de representarse; a eles mesmos, ás persoas que marcaron o seu desenvolvemento, ao contexto social que forxou a súa identidade. Los Remedios é unha viaxe ao que queda no propio corpo: os xestos, os tons, as posturas. É unha autoficción autodestructiva feita por dúas persoas desenraízadas que removen a terra buscando algo ao que agarrarse. É unha xenealoxía teatral, que indaga na necesidade da representación e na súa capacidade transformadora. É unha peza sobre a amizade como resposta fronte ao desconcerto.

Premio Max 2021 a mellor autoría revelación.

Finalista Premio Max 2021 a mellor espectáculo revelación.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android