19:00
 Karelu da compañía Os Náufragos Teatro

Karelu da compañía Os Náufragos Teatro

Espectáculo de teatro contemporáneo a cargo da compañía Os Naúfragos. Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou, a partir de aí comeza unha viaxe o pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais.

KARELU fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

OS NAUFRAGOS TEATRO

Intérpretes: Denís Gómez e Santi Cuquejo

Autoría: Ismael G. Candal e de Gustavo del rio.

Dirección: Gustavo del Río

PREZO: 10.00 € carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 8,00 € Familia numerosa: 7,50 €

VENDA DE BILLETES

http://www.ataquilla.com/ Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h. Despacho de billetes do Centro Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android