19:30
Festival "Pola paz e contra as guerras".
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Festival de artes escénicas e circenses para reivindicar o dereito a vivir en paz.
Este Festival pola Paz e contra as guerras é un encontro único en que o humor, a música e a palabra se xuntan para defender a dignidade, a xustiza e os dereitos humanos. Falamos da risa como acto de resistencia, da cultura como linguaxe universal e da paz como necesidade urxente. No escenario van estar: Isa Risco, Mercedes Peón, Marta Sempre Arriba, Inda Pereda, Rendos Pequeno e Iván Prado.
Unha cita para rir, emocionarse e posicionarse. Unha celebración colectiva da cultura comprometida, da tenrura combativa e da solidariedade internacional.
O festival Pola Paz e Contra as Guerras quere poñer o foco sobre as guerras e facer un chamamento pola solidariedade. Promovido pola Asociación Agra de Orzán e coordinada pola Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía.
Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
⏱ Duración: 75 minutos
👥 A quen vai dirixido: público en xeral
📅 Cando: sábado 31 de xaneiro ás 19:30 h
📍 Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17, 15010 A Coruña🎟 Prezo: Entrada de balde, por orde de chegada ata completar a capacidade do auditorio. Non é precisa reserva previa.
🏛 Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
✉ Contacto: agra@galizacultura.gal


