19:00
 Pase e coloquio da curtametraxe “Adeus, Berta”

Pase e coloquio da curtametraxe “Adeus, Berta”

Kraken Media organiza un pase especial con coloquio da curtametraxe “Adeus, Berta” (2025), dirixida por Fernando Tato, escrita pola coruñesa Ángela Andrada e apoiada pola Xunta de Galicia (Axudas á Produción), polo ICAA e pola Deputación da Coruña (axudas á Distribución).

"Alicia chega á casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal para elixir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí atópase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde estaba ingresada".

🏆 A curtametraxe estreouse na Semana de Cine de Medina del Campo e participou en festivais como Cans, Astorga, Cine Madrid PNR ou a Semana de Cine de Lugo, entre outros.

🎤 Presentarán:

Fernando Tato (director)

Ángela Andrada (guionista e actriz)

Adrián Castiñeiras (produtor)


📅 Data: 14 de xaneiro
⏰ Hora: 19:00 h
📍 Lugar: Aula 9, Centro Ágora
🎟️ Entrada gratuita, ata completar aforo.

Non perdas a oportunidade de ver esta historia e participar no coloquio cos responsables da curtametraxe.

Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android