19:00
Saúde e Sanidade. Crise de Atención Primaria ou do Sistema?
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Conferencia de actualidade de Ramón Veras Castro, médico de familia.
Preocúpannos os tempos de espera na sanidade, no plano individual que teñamos algún problema e non se nos atenda ben e nos tempos necesarios para facelo, pero, sendo isto lóxico e moi real, é certo que as estratexias de mellora da saúde máis eficientes e útiles están en gran parte fóra do sistema sanitario.
É clásico o estudo de Dever (1976), no que se demostra que a modificación dos estilos de vida e o coidado do medio ambiente beneficiaríanos máis que todo o gasto que facemos no sistema sanitario.No 2008 a OMS publicou por primeira vez un estudo onde se demostraba o impacto dos determinantes sociais da saúde, isto é, o que se relaciona coa nosa vida: onde nacemos e crecemos, a educación, o traballo, as relacións sociais e o medio onde vivimos.
Na palestra repasarase esta estratexia de saúde e o que afecta ao sistema sanitario: listas de agarda, privatización, relación profesional dentro do sistema e a nova cultura profesional, o consumo sanitario e a necesidade de promoción de saúde e de participación social no servizo sanitarioEsta conferencia, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Duración: 60 minutos
Prezo: de balde• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
Contacto: agra@galizacultura.gal


