11:00 hasta las 20:00
Tres mulleres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Tres mulleres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero trae á Fundación Luís Seoane unha selección de imaxes, sesenta en total, de tres das fotógrafas máis destacadas na historia do medio.
A norteamericana Eve Arnold foi, no ano 1951, a primeira muller en ingresar na axencia Magnum, fundada tan só catro anos antes polos fotógrafos Robert Capa, David Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger, Bill Vandivert, Maria Eisner e Rita Vandivert. Tras ela, incorporaríase a austríaca-estadounidense Inge Morath en 1955; e en 2005, Cristina García Rodero sería a primeira española en formar parte desta soada axencia internacional de fotografía.
Comisariada por Rosa Oliveirais, editora e directora da revista de fotografía contemporánea Exit, imaxe & cultura, Tres mulleres Magnum reúne algunhas das imaxes máis coñecidas realizadas por Eve Arnold e Inge Morath, así como unha selección representativa do traballo de Cristina García Rodero.



