21:00
Limen

Limen

LIMEN ten como obxectivo desvelar os sons invisibles da nosa vida cotiá. A peza traballa ao redor da lámpada fluorescente, unha das fontes de luz máis comúns que tamén produce moitos tons por encima dos 20kHz. Usando un micrófono especial capturamos eses ultrasonidos e traducímolos a frecuencias audibles.

A composición utiliza só eses sons invisibles producidos polas lámpadas. Este material sónico desencadea unha coreografía de luz composta por 128 fluorescentes que se mostran na forma da súa onda ultrasónica. A escultura está rodeada por un filtro amarelo, cor coñecida pola súa capacidade de aumentar a nosa concentración e capacidade de percepción, potenciando outros órganos ademais do oído ao detectar esas frecuencias.

Limen significa limiar, o lugar intermedio, o límite da percepción, termo que dá a forma lineal á estrutura e divide o espazo en dous. A escultura actúa como un limiar entre os límites da nosa percepción, entre o visible e o invisible, o audible e o inaudible, entre o que podemos sentir e o que vai máis aló.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android