10:00 hasta las 20:00
El desengaño
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
El desengaño é un proxecto visual baseado nunha serie de actividades expositivas e editoriais ao redor do traballo que o fotógrafo Julián Barón realizou sobre o desastre do Prestige en decembro de 2002.
Comisariado por X. Lois Gutiérrez Faílde, El Desengaño forma parte da programación da sexta edición de FFoco Festival de Fotografía da Coruña, que un ano máis terá lugar na Fundación Luís Seoane. Xunto á exposición da serie fotográfica "28 cruces" de Julián Barón, incluirase un documental dirixido por Manuel Vargas, así como un fondo de fotolibros, catálogos e material impreso diverso para a súa consulta.
Nos primeiros días do mes de novembro de 2002, o buque petroleiro Prestige afundíase tras sufrir unha vía de auga a uns 250 quilómetros da Costa da Morte, provocando un dos maiores desastres ambientais da historia de Europa, un acontecemento que tivo un enorme impacto político, económico, cultural e social. Os milleiros de voluntarios e a presión do movemento Nunca Máis minimizaron os danos da vertedura sobre unhas costas cuxos recursos eran e seguen sendo vitais para a poboación da zona.



