00:00 hasta las 23:59
Deporte na Rúa 3x3
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
📢 O 3x3 Deporte na Rúa trasládase ao mes de setembro. Por responsabilidade e prevención ante o efecto da calor acumulada na cidade, o Concello de Lugo apraza a celebración prevista para esta fin de semana e reprograma o evento para os días: 📅 11, 12 e 13 de setembro A decisión tómase para protexer a saúde das persoas participantes, especialmente menores e persoas maiores, evitando riscos asociados á práctica deportiva exterior tras varios días de altas temperaturas. ✅ Todas as inscricións xa realizadas seguirán sendo válidas para as novas datas, sen necesidade de facer ningún trámite. En setembro, o 3x3 Deporte na Rúa converterase nunha gran festa de inicio do curso deportivo e escolar, coincidindo co arranque da nova tempada dos clubs e escolas deportivas de Lugo. Grazas pola comprensión. A seguridade e o benestar das persoas participantes son a prioridade.



