00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | “Jose Súarez, vida e obra”

EXPOSICIÓN | “Jose Súarez, vida e obra”

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A Praza de San Marcos acolle a exposición “Jose Súarez, vida e obra”, que repasa a traxectoria vital e artística do fotógrafo de Allariz, a quen a Real Academia Galega de Belas Artes dedica este ano o Día das Artes Galegas.

A mostra, organizada no marco da colaboración entre a RAGBA e a Vicepresidencia da Deputación @vicedepulugo de Lugo, e comisariada polo académico @xurxo.lobato conta con 16 paneis nos que se reproducen algunhas das imaxes máis destacadas da súa produción,entre ellas, imaxes da serie Mariñeiros, que vai colocar a súa obra no máis destacado da fotografía estatal, e outras que reflicten a súa labor como documentalista en diferentes xeografías.

As imaxes reprodúcense xunto a breves textos de Luis Seoane, Blanco Amor, Manuel Sendón, Xose Luis Suarez Canal, Domingo Garcia Sabell,
Miguel De Unamuno, Jose Bergamin, Juan Manuel Bonet, Rafael Alberti,
Publio Lopez Mondejar, Carlos Casares ou Lois Tobío, intelectuais e artistas que recoñecen o carácter artístico da súa obra nun momento em que a fotografía non gozaba desa consideración.

José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional

Nado en Allariz en 1902, cunha traxectoria marcada pola vangarda artística e polo exilio, estaba dotado dunha sólida formación intelectual e dun pensamento liberal. Relacionouse con figuras destacadas da cultura española como Unamuno, Blanco Amor, Seoane ou Alberc, así como da internacional como Akira Kurosawa.

A súa obra fotográfica, influída pola Nova Obxectividade, caracterízase por unha mirada moderna, reflexiva e centrada na figura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras. A súa figura, complexa e sensible, consolidouse como unha das máis relevantes da fotografía galega e como un referente artístico de dimensión internacional.

Día das Artes Galegas
A iniciativa da celebración do “Día das Artes Galegas” na xornada de cada 1 de abril, naceu da Academia no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos.
Na pasada edición do ano 2025 a figura homenaxeada foi Isaac Díaz Pardo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android