O Pazo de San Marcos acolle o 4 de novembro, ás 19:30 horas - a proxección da película "Antes de Nós", que afonda na figura de Castelao a partir de vivencias íntimas relacionadas coa súa dedicación á medicina ou o falecemento do seu fillo e reflexiona sobre a trascendencia destes acontecementos vitais na súa dimensión política e artística. A sesión completarase cun coloquio coa súa directora, Ángeles Huertas, que falará do proceso de creación do filme, a longametraxe de ficción máis ambiciosa das realizadas até o momento sobre unha das figuras máis relevantes para a Galicia contemporánea. A actividade abre un ciclo de proxeccións pola provincia que se desenvolverá nos dous vindeiros meses, con pases en Samos, Castroverde, Palas de Rei, Chantada, Quiroga, Pantón, Becerreá, Barreiros e Riotorto. O ciclo, que se enmarca na colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na produción do filme, amplía a súa difusión alén dos festivais e salas de cine nas que se proxectou tras a súa estrea o pasado 23 de maio. Ángeles Huertas Formada na Met Film School de Londres, Ángeles Huertas (Gijón, 1974) debuta na longametraxe co documental creativo "Esquece Monelos" (2017), onde un río soterrado e esquecido convértese no fío condutor para abordar os meandros personais e políticos da memoria. "Esquece Monelos" obtivo a Mención Especial do Xurado en Documenta Madrid, tres premios Mestre Mateo e estivo nominado aos Premios Feroz 2018. Na Seminci de 2022 estrea a súa primeira película de ficción, "O corpo aberto", adaptación dun relato gótico de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o ilusorio dos límites que nos definen. A película foi merecedora de 12 premios Mestre Mateo na edición do 2023, incluíndo mellor película, dirección e guion. Ciclo de proxeccións pola provincia A proxección en Lugo abre un ciclo de proxeccións pola provincia de Lugo nos dous vindeiros meses, con pases en Samos, Castroverde, Palas de Rei, Chantada, Quiroga, Pantón, Becerreá, Barreiros e Riotorto.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar