11:30
Coloquio sobre a produción da gala dos Premios Mestre Mateo

Coloquio sobre a produción da gala dos Premios Mestre Mateo

O Pazo de San Marcos acolle o 20 de febreiro, as 11.30 horas, un coloquio sobre a produción da gala dos Mestre Mateo, que outorga a Academia Galega do Audiovisual e qeu esta ano se celebra por primeira vez en Lugo co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo.

O encontro contará coas intervencións de Martín Cañedo, director de produción dos Premios Mestre Mateo, Yohana Silva, xefa de produción, Candela Montero, axudante de produción e Sandra Carnota, responsable do departamento de Comunicación, que compartirán co público os detalles e as impliacións do seu traballo como responsables da organización e da difusión dos Premios e da Gala, que se celebrará o 21 de marzo no Auditorio Fuxan Os Ventos. A asistencia  é libre e gratuíta, até completar a capacidade do Salón de Actos.

A actividade forma parte da programación organizada pola Academia Galega do Audiovisual para implicar á cidadanía na gala e socializar a importancia do sector audiovisual galego. Nese obxectivo, encádranse tamén as proxeccións das longametraxes e documentais finalistas dos Premios que se están realizando durante este mes nos Cinex Códex, en Lugo.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android