N/D
Letras Galegas. A instrumentación que acompaña aos cantares da música tradicional galega

Letras Galegas. A instrumentación que acompaña aos cantares da música tradicional galega

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

17M - Día das Letras Galegas.

A Real Academia Galega (RAG) dedicaralle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño. A RAG celebrará a narradora, autora e xornalista, nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego. Coa lembranza de Begoña Caamaño, as Letras 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía.

Dende a UNED de Lugo unímonos á celebración desta data introducindo a tradición oral no eido das reunións veciñais de traballo e divertimento. De igual xeito, profundizaremos nos protocolos de actuación e as actividades artísticas e musicais que provían e fornecían a interrelación social entre as veciñas dun lugar e os veciños doutros lugares cercanos. Para esta misión, contamos con Xisco Feijóo, coreógrafo, cantador e bailador galego, quen ten feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de 30 anos e ten colaborado en máis de 20 discos e espectáculos de proxección internacional.

Actividade impartida en galego // Actividad impartida en gallego

Fuente: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/52729

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android