09:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | Imaxe do Arde Lvcvs no seu 25 aniversario

EXPOSICIÓN | Imaxe do Arde Lvcvs no seu 25 aniversario

A festa de recreación histórica do Arde Lvcvs está a punto de coñecer cal será a súa imaxe, aquela coa que se dará visibilidade ao seu 25 aniversario, e que se elixirá de entre preto de 80 propostas diferentes, dos máis variados estilos artísticos. Todos estes deseños poderanse ver desde mañá e ao longo do próximo mes na Casa da Xuventude, unhas instalacións que tamén acollerán o vindeiro martes, día 14, o veredicto do xurado profesional, que escollerá a posposta gañadora, dotada cun premio económico de 1.900 euros.

A lenda Annvs Argentevs, expresión latina que significa ano de prata, en alusión aos 25 anos, é unha das esixencias que deben incluír estas creacións, que deben ser orixinais, reflectir tanto o mundo romano como o castrexo, ademais de conter logotipos, cores específicas, a referencia á declaración do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Internacional, e as datas desta edición, que se celebrará os días 18,19,20 e 21 de xuño.

As bases, presentadas en febreiro, esixían, ademais deses elementos obrigatorios, reflectir o espírito da festa, facendo especial fincapé na reconstrucción histórica e na volta da cidade ás súas orixes, visualizando obrigatoriamente o mundo romano e o castrexo

O xurado seleccionado que deberá elixir a proposta gañadora está integrado polo arquitecto e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Pablo Ferreiro-Mazón; o arqueólogo do Concello de Lugo, Enrique González; e por unha terceira persoa, en representación da USC. Ademais, no xurado estarán o concelleiro de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, e unha técnico de Xuventude, aínda que ningún deles terá voz nin voto.

Todos eles terán que decidir en base a criterios de deseño, composición estética, creatividade, comunicación visual e coidado nos acabados e detalles entre as 77 propostas presentadas, que van dos deseños máis minimalistas a outros que empregan composicións fotográficas e ilustracións para definir propostas artísticas diversas, na que se busca o maior impacto visual posible.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android