17:00 hasta las 20:00
MERCADIÑO DE TROCO de Bico de Grao
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
🔊Díganllo ás veciñas, á familia, á parella, ás amigas porque volve, un ano máis (e van 12), O MERCADIÑO DE TROCO de Bico de Grao 🌷edición primavera! O funcionamento é o habitual: Tes algo que non uses? Está en bo estado? Pois que estea limpiño e digno de intercambiar porque seguro, seguro que a alguén lle fai avío. A cambio, levas o que precises. Non se trata de caridade, senón dun xeito alternativo de economía e de resistencia. ✳️Resistencia ao consumismo que nos afoga. ✳️Resistencia a unha economía que esquece ás persoas. ✳️Resistencia desde o cotiá, desde o pequeno, desde o colectivo. Porque trocar tamén é coidarnos. Porque compartir tamén é loitar. Vémonos mércores 15 e xoves 16 en Bico. Que este convite chegue moi lonxe! Que rule, que rule!



