17:00 hasta las 00:00
MERCADIÑO DE 2ª MAN de BICO DE GRAO
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
📣 Non foi sen tempo pero aquí volve o famosísimo, desexadísimo e aclamadísimo MERCADIÑO DE 2ª MAN de BICO DE GRAO! O mércores e xoves que vén, volvemos abrir a trastenda para darlle unha patada na cara ao capitalismo, ao consumismo, ao desperdicio. Se tes cousiñas na casa que están en perfecto estado pero, polo que sexa, xa non usas, vente con elas! 👏 Aquí haberá tamén as de outras, e entre todo o que xuntemos, malo será que non haxa algo que evite que merques novo. As normas son as de sempre: Intercambiar (aquí non hai moeda de ningunha clase) para fomentar o desapego material e darlle unha segunda (ou miles) de vidas ás cousas que algún día nos deron servizo pero que xa non. Será de 17 a 20h os días 11 e 12 de xuño na parte de atrás da tendiña, coma sempre. 👉 Lembra o máis importante! O que traias ten que estar limpo, en bo estado, ser útil (ou funcionar se é o caso) e non ser produtos alimenticios. 🗣️Contádeo pola rúa, na escola, no traballo, na perruquería, no ximnasio, na casa da avoa, no centro de saúde, pero que chegue a moitas para que non deixe de xirar a roda da reutilización.


