17:00 hasta las 20:00
OBRADOIRO DE COCIÑA SOLAR

OBRADOIRO DE COCIÑA SOLAR

🐌 Porque ante as dificultades vitais hai que tomar parte, un grupiño de xente buscando posibles solucións, alternativas ou, cando menos, resistencias, xuntáronse na cidade para crear o Grupo decrecemento Lugo. 
O que? Pois aquel que promove unha redución do consumo de bens e enerxía. Un que avoga pola máxima de consumir menos para vivir mellor. Así que se ti estás tamén nesa onda, se cres que hai que, ademais de falar e postear sobre o crítico da nosa (in) evolución, hai que facer, achégate compartir pareceres e inquedanzas.
Como primeira actividade de grupo, a fin de achegar alternativas de xeito lúdico, ofrecen esta actividade fantástica en Bico de Grao: Construción dunha cociña solar!
👉 De balde (porque compartir coñecemento dende esta perspectiva é un gañar todas).
👉 Prazas limitadas, así que bule, bule para inscribirte en decrecementolugo@riseup.net 
Na trastenda de Bico de Grao, pasan cousas fantásticas e ten as portiñas abertas a todas! Longa vida decrecentista! 🐌
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android