O 21 de marzo Día da Poesía, sesión vermú literario coas Comadres das Letras, con presentación dos libros Cereixas roubadas e Os pozos elegantes das clavículas.
Con Cereixas roubadas as Comadres das Letras regresan cunha nova e suxestiva proposta literaria onde o colectivo de escrita feminista, constituído ao abeiro de dous obradoiros literarios dirixidos por Eli Ríos rende homenaxe á autora Luísa Villalta.
Trece voces asinan as súas creacións nuns textos que transitan do verso á prosa,da peza dramática ao caligrama. Creacións individuais e tamén colectivas, nunha orixinal achega que continúa a inspirada senda en común trazada polas Comadres en 2023.
Con Limiar de Marga do Val.
Os pozos elegantes das clavículas, obra de María Álvarez Landesa, foi Premio Follas Novas ao mellor libro de poesía de 2024.
«A voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla». Así define os novos versos de María Álvarez Landesa a tamén poeta Míriam Ferradáns, no limiar a esta obra, Os pozos elegantes das clavículas, na que a autora rende homenaxe á súa nai.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar