A Apalpadora visita OZOCOgz
Bo ano!!!! A APALPADORA ven a OZOCOgz!!!!! O sábado 3 de xaneiro, a partires das 17:00h. dobre sorpresa!!!!!
Dende os montes do Courel chega A APALPADORA, a filla do famoso APALPADOR, e ven para mirar se as nenas e nenos foron boas e bos e comeron ben, ademais de vir contarnos a súa propia historia.Tamén van estar connosco / convosco as pandeireteiras OZOCORETEIRAS (as pandeireteiras que están aprendendo durante o ano, no noso espazo, co mísoco Isidro Vidal). Farán o seu primeiro concertiño para desexarvos un marabilloso ano.Ademais haberá chocolate, pastel e outras larpeiradas para quen vos acheguedes.
Trae ás túas crianzas e ven con ganas de pasalo ben.Trae a túa pandeireta e únete ás OZOCORETEIRAS, a ver se convertemos a visita da APALPADORA nunha auténtica foliada. É tempo de cantar os Reis, é tempo de panxoliñas e bos desexos.Agardámoste!!!! Xa sabes, OZOCOgz deixa Pegada!!!