20:00 hasta las 21:00
Presentación de «O imperialismo no século XXI», de Duarte Correa Piñeiro

Presentación de «O imperialismo no século XXI», de Duarte Correa Piñeiro

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

O imperialismo no século XXI

Esta obra aborda unha cuestión imprescindíbel para comprendermos o mundo de hoxe, especialmente nun contexto en que, a cada pouco, novos acontecementos de grande impacto no ámbito internacional nos sobresaltan e deitan por terra certezas que parecían inamovíbeis. Falar hoxe de imperialismo é falar dunha realidade presente que debemos entender para comprender tamén como afecta ou pode afectar a nosa vida cotiá.

O libro analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumentos dos Estados Unidos nun momento en que esta potencia tenta soster unha hexemonía en declive. Examina, ademais, a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando o que se oculta tras estes discursos.

Aliás, busca desmontar mitos e abrir o ollar a outras realidades de que case non se fala, en que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, frente á lóxica da imposición.

Unha obra que cuestiona a idea de que vivimos no mellor doa mundos posíbeis e defende que, hoxe máis que nunca, a alternativa ao imperialismo pasa pola defensa da soberanía dos pobos.

 

Duarte Correa Piñeiro

Diplomado en EXB e Licenciado en Xeografía e Historia, é profesor de Ensino Secundario, leva moitos anos dedicado ao ámbito da análise internacional.

Colabora regularmente sobre esa temática en publicacións galegas e internacionais e participa habitualmente como relator convidado en diversos seminarios e actividades formativas en Europa e América Latina, con traballos sobre xeopolítica, relacións internacionais, imperialismo e loita dos pobos pola soberanía.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android