N/D
Exposición e documental “Chicas nuevas 24 horas” en Camariñas

Exposición e documental “Chicas nuevas 24 horas” en Camariñas

Camariñas suma unha proposta moi necesaria dentro da programación do 8M, Día da Muller: a exposición “Chicas nuevas 24 horas”, unha mostra que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual e convida a mirar de fronte unha realidade que moitas veces permanece oculta.

A exposición estará no IES Pedra da Aguia e permanecerá vixente ata o 15 de marzo, con actividades didácticas e formativas orientadas á prevención e á concienciación, especialmente entre a mocidade.

Ademais, o xoves 12 de marzo ás 18:30 h terá lugar no Museo do Encaixe a proxección do documental “Chicas nuevas 24 horas”, escrito e dirixido por Mabel Lozano, con entrada libre ata completar aforo. Unha cita para construír unha sociedade máis informada e comprometida contra unha das formas de violencia máis profundas que sofren mulleres e nenas.

Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/exposicion-e-documental-chicas-nuevas-24-horas-en-camarinas

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android