N/D
Carreira Pedestre de Camariñas 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
A Carreira Pedestre de Camariñas 2026 celebrarase o 8 de marzo e será a proba inaugural dunha nova edición do circuíto Correndo pola Costa da Morte. O prazo de inscrición xa está aberto a través de www.correndopolacostadamorte.com.
O programa inclúe varias categorías ao longo da mañá. As probas comezan ás 10:00 h coa categoría sub-12, continúan ás 10:15 h coa sub-10 e ás 10:30 h coa 3K. A proba 10K absoluta arranca ás 11:30 h e a categoría Pitufos celebrarase ás 12:45 h.
O prazo de inscrición remata o martes 3 de marzo ás 23:59 h. A participación na proba ten un prezo de 8 € (máis 1 € se se quere chip), mentres que as categorías base son de balde.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/carreira-pedestre-de-camarinas-2026



