N/D
Actos 8M en Camariñas: Somos as mulleres que construímos Camariñas
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Concello de Camariñas presenta con motivo do 8 de marzo a campaña “Somos as mulleres que construímos Camariñas”, unha iniciativa que pon o foco no papel imprescindible das veciñas na vida diaria do municipio: no traballo, nos coidados, na cultura, no mar, no comercio e en cada pequena responsabilidade que sostén a comunidade.Tal e como destaca a alcaldesa, a campaña quere representar mulleres de idades, historias e profesións diferentes, unidas por un fío común: a vontade de construír un lugar mellor, día a día, desde a colaboración, o compromiso e esa forza silenciosa que tantas veces pasa desapercibida.
Un dos piares deste 8M será a participación do alumnado dos CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto, que elaborará unha guía biográfica para rescatar e recoñecer as historias das mulleres referentes das súas vidas (nais, avoas, tías, veciñas…). Un xeito fermoso e interxeneracional de lembrar que Camariñas tamén se escribe en feminino.
Fuente: https://visitacostadamorte.com/gl/axenda/actos-8m-en-camarinas-somos-as-mulleres-que-construimos-camarinas



