USC Universidade de Santiago de Compostela
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
O xoves 5 de marzo, ás 19.00 horas na Fundación Granell, terá lugar a mesa redonda ‘Mulleres Bravas: defendendo o común en Galicia e Honduras: María Esther Velásquez, Maygra Isabel Guevara e Mónica Cea’, organizada no marco dos Encontros Americanos da Granell que desenvolve o Grupo de Investigación HISTAMERICA, e nesta ocasión coa colaboración de HISTAGRA.
O acto, presentado polos docentes Eduardo Rey e Stefania Barca, contará coa presenza de María Esther Velásquez e Maygra Isabel Guevara Cruz (Namasigüe, Honduras), e Mónica Cea desde a Ulloa (Galicia).
Mulleres Bravas é un proxecto conxunto de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras como punto de encontro entre activistas de Honduras e Galicia. O proxecto aposta por tecer redes de solidariedade, recoñecendo o papel das mulleres como defensoras do territorio. Nas conversas fálase de modelo produtivo, de sostibilidade e de igualdade, entendendo que a defensa ambiental é tamén unha cuestión de xustiza social.
Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/mesa-redonda-mulleres-bravas-defendendo-comun-galicia-honduras-maria-esther-velasquez-maygra-isabel-guevara-monica-cea
Praza Do Obradoiro, S/N - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar