18:00
Lectura escenificada ‘A indomable. Olga Benario nas súas cartas e nos arquivos da Gestapo’

Lectura escenificada ‘A indomable. Olga Benario nas súas cartas e nos arquivos da Gestapo’

En 1935, Olga Benario, activista xudía orixinaria de Múnic e axente da Comintern, foi enviada ao Brasil para protexer ao revolucionario Luís Carlos Prestes. Tras o fracaso do intento de golpe de Estado, foi deportada ao Terceiro Reich cando estaba embarazada de sete meses, onde deu a luz á súa filla Anita. A través das súas cartas e dos arquivos da Gestapo, coñecemos a súa vida dende a deportación ata o seu asasinato nun campo de concentración.

Estes documentos serán presentados o luns 2 de marzo nunha lectura escénica por tres actores, en alemán con subtítulos en castelán. A sesión terá lugar ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/lectura-escenificada-indomable-olga-benario-suas-cartas-arquivos-gestapo
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android